
Teñen como fin aumentar a motivación e mellorar a autoestima das persoas usuarias.
Actividades terapéuticas nas que traballando a través de tarefas manuais poténciase a creatividade e a comunicación. Preténdese proporcionar a autosatisfacción e a gratificación á persoa usuaria a través dun entorno agradable e decorado, fomentando así un estado de ánimo positivo e incrementando o sentimento de autovalía.
Terapia de relaxación e motivación grazas a utilización de música como elemento potenciador da expresión emocional, atención, linguaxe e memoria.
Ofrecendo o apoio necesario para evitar a perdida das habilidades sociais e de comunicación evitando así o illamento social. Proporcionando a dinamización de xogos, actividades físicas…
Nas que se farán xornadas con grupos de nenos e nenas, adolescentes e familiares nos que traballaremos de forma lúdica talleres de xogos, tradicións, informática, excursións, actividades medioambientais para fomentar o desfrute activo, a comunicación, a empatía e favorecer a autoestima, a participación social e a supresión dos estereotipos sociais establecidos.
A través da cal cultivaránse plantas en menor escala que na agricultura grazas os xardíns urbanos. Ten como obxectivo principal o benestar físico e mental que proporcionan as plantas e a natureza nas persoas usuarias, engadindo un valor terapéutico e de rehabilitación con programas específicos.