
Para traballar a memoria biográfica a través de estímulos físicos facilitando así os recordos moi remotos ou recentes.
Terapia da estimulación de memoria episódica autobiográfica. Repasando a súa historia de vida e empregando o caixón “dos recordos” que se elabora no proceso de acollida co obxectivo de conservar a identidade mediante a reactivación do seu pasado persoal e o recordo de acontecementos vitais importantes, empregando fotografías, vídeos, cheiros e música. Fomentando as relación interpersoais e a comunicación e empatía entre as persoas usuarias. Incrementando tamén os aspectos emocionais, escoitar e ser escoitado.
Terapia onde se empregan as artes plásticas como medio para a recuperación ou mellora da saúde mental e o benestar emocional e social. Traballaranse as emocións, duelos e aceptación de patoloxías propias ou de achegados con técnicas específicas profesionais adaptando o ambiente e o espazo.
Grazas a esta técnica terapéutica corporal baseada na globalidade da persoa favorecese o dominio do corpo , a comunicación cun mesmo e cos demais obxectos e persoas do espazo que o rodea.
Trátase dunha técnica psicoterapeútica que emprega a risa como vehículo para lograr beneficios emocionais, corporais e mentais. Realizaranse dinámicas que estimulen a risa, momentos de alegría, favorecendo así o estado de ánimo.