
Proceso de atención cun plan de atención indivualizado da persoa que vai ingresar coma usuario no centro, así como asistencia aos seus familiares coa finalidade de facilitar a comodidade e acollemento e evitar os medos e minimizar o estrés. Farase de maneira progresiva, atendendo sempre ao coñecemento da persoa, da súa propia palabra e da súa familia, creando un expediente da súa historia que nos servirá para traballar coas necesidades específicas socioafectivas e emocionais durante o súa estancia no centro.
Entre todos (Usuario, familia e equipo do centro) faremos una avaliación inicial, no que se establecerán unha serie de obxectivos, un deseño do plan de intervención e unha avaliación continua. Desta forma perfilarase unha intervención especifica nas áreas sociais, mentais, sanitarias e funcionais.
Actividade inicial de acollida na que se elaborará unha pequena historia de vida e se pedirá a colaboración familiar para que esta proporcione datos e pequenos recordos que son importantes para a persoa usuaria. Buscase coñecer a persoa e facela protagonista nas posteriores actividades e en todo o seu paso polo centro.