
Dirixido a fomentar a autonomía e independencia das persoas usuarias nas actividades de aseo e hixiene persoal, traballando a través de rutinas diariamente no centro.
O persoal do centro proporcionará o apoio en duchas a aquelas persoas usuarias que o precisen e apoio na vestimenta, potenciando a autonomía e o benestar individual e respectando sempre a intimidade, limites e tempos da persoa usuaria.
Traballaremos esta área coas persoas usuarias que o precisen mediante rexistros e acompañamentos, promovendo sempre a súa autonomía. Elaboraranse talleres de exercitación vesical e de fortalecemento de musculatura pélvica.
Servizo que conleva unha seguridade farmacolóxica e sanitaria no centro e no fogar da persoa usuaria.