Aviso legal

Este documento contén as principais condicións xerais que rexen o acceso e o uso para as usuarias e usuarios do sitio web de ADIANTE MOS SDAD COOP GALEGA; a partir de agora ADIANTE.

O uso do sitio web respectivo implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais no momento en que a usuaria ou usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos que se mostran neste sitio web. Estes termos e condicións serán de aplicación independentemente das condicións xerais de contratación que resulten de obrigado cumprimento.

Identificación e contacto do titular do sitio web.

A través do presente Aviso Legal, informámoslle que a páxina web “adiante.org” (en diante, ADIANTE) é propiedade de ADIANTE MOS SDAD COOP GALEGA con CIF F27864198. O domicilio social está situado na Rúa Cerqueiras, 47, 36419, Sanguiñeda-Mos (Pontevedra).

Datos de contacto:

Teléfono: +34 886 318 210
Enderezo electrónico: centrodedia@adiante.org

Política de privacidade

ADIANTE infórmalle de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e informámoslle que ten dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:

ADIANTE MOS
Baixa datos persoais: centrodedia@adiante.org

ADIANTE comprométese ao uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que os datos dos usuarios trataranse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por ADIANTE co propósito indicado de comunicación, información e administración.

Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose ADIANTE o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todos os usuarios que facilitasen datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder.

Mediante o envío dos formularios existentes nestas webs ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.

Aceptación por parte dos usuarios

Este sitio web proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a ADIANTE, aos que a usuaria ou usuario pode ter acceso. A usuaria ou usuario asume a responsabilidade do uso deste sitio web e dos servizos en liña.

Os usuarios comprométense a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que ADIANTE ofrece a través da súa web e entre outros se obriga a non empregalos para:

– incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;

– difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación;

– provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de ADIANTE, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados;

– tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

Información persoal e privacidade

ADIANTE infórmalle de que todos os datos persoais que nos facilites a través de formularios electrónicos do sitio web serán tratados con estrita confidencialidade tal e como esixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos efectúase baixo os niveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.

Os datos persoais (o seu enderezo electrónico, nome, número de teléfono…) que se solicitan no sitio web de ADIANTE terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten e manter cos usuarios unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información que consideramos útil. En todo caso ADIANTE é o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial.

Os usuarios garanten que os datos persoais que se facilitan son veraces e correctos, ADIANTE resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a todos os usuarios que facilitasen datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

ADIANTE non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos.

ADIANTE pode combinar a información recibida por parte dos usuarios desde este sitio web, ou recompiladas mediante outros servizos de ADIANTE; coa finalidade de ofrecer unha atención personalizada e un mellor servizo.

ADIANTE non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais. En ocasións, outras empresas contratadas por ADIANTE poderán proporcionar servizos determinados; as mesmas só poderán obter datos persoais de vostede estritamente para proporcionar o servizo correspondente. ADIANTE esixiralles igual cumprimento na protección de datos segundo esta política de privacidade.

En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. A baixa do servizo ou baixa dos seus datos persoais na nosa base de datos, producirase no menor tempo necesario para executar a súa solicitude.

Lexislación e xurisdición aplicable

A relación entre ADIANTE e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais de Pontevedra.

Modificacións

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, ADIANTE resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos da web, de forma unilateral. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.

Ligazóns

As ligazóns contidas no sitio web adiante.org poden dirixir a páxinas web de terceiros. ADIANTE non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre ADIANTE e ás persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.