• Cerqueiras, 47 - Sanguiñeda - 36419 Mos
  • De luns a venres de 9:00 a 20:00
Atención integral a persoas maiores en Mos

Atención integral a persoas maiores en Mos

Ofrecemos servizos adaptados a cada persoa

Infórmate!

Equipo Adiante

As persoas que formamos o equipo de Adiante, centro de día en Mos, caracterizámonos por ter diferentes formacións pero un obxectivo común: brindar unha atención especializada ás persoas usuarias, tentando mellorar a súa calidade de vida e asegurando a súa integridade. O noso equipo está formado por:

Centro de día

Traballador social

Centro de día

Educadora social

Centro de día

Perruquería

Centro de día

Técnica en atención a persoas en situación de dependencia

Centro de día

Monitora de ocio e tempo libre

Adiante: coidamos dos nosos maiores

Adiante é un centro de día en Mos adicado á atención integral e personalizada a persoas maiores.

O noso principal obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas usuarias do noso centro mediante o desenvolvemento de actividades e prestación de servizos que contribúan a aumentar a súa saúde física e psicolóxica, así coma ó benestar social.

Se queres máis información sobre as nosas actividades e servizos do noso centro de día en Mos, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Adiante coidamos dos nosos maiores
As nosas instalacións

As nosas instalacións

O segredo de seguir adiante é comezar

O noso centro de día en Mos está pensado para que os usuarios desfruten dunhas instalacións complemente adaptadas ás súas necesidades.

En Adiante contamos con 320 m² distribuídos en diferentes espazos para realizar talleres, ximnasio, zona de relaxamento, comedor, área de novas tecnoloxías, biblioteca... Ademais, o edificio dispón de dous baños completamente adaptados e un salón de peiteado.

Por outra parte, no exterior do edificio hai un patio exterior onde están os xardíns urbanos, o lugar perfecto para realizar diferentes actividades, como camiñar ou descansar.

Ademais colaboramos con profesionais externos

O benestar é un camiño que a miúdo require de diferentes apoios. Por iso, establecemos unha rede de colaboracións con profesionais externos altamente cualificados en diversas áreas da saúde, co obxectivo de dar aos nosos maiores un acompañamento completo e especializado, asegurando que atopen a atención que precisan baixo un mesmo enfoque de coidado e compromiso.

Farmacia

Para unha xestión óptima da medicación e asesoramento farmacéutico.

Podoloxía

Coidamos a saúde dos pés, esencial para a mobilidade e o confort diario.

Psicoloxía

Brindamos apoio emocional e ferramentas para a saúde mental dos maiores e os seus familiares.

Logopedia

Melloramos a súa capacidade de comunicación e tratamos dificultades da fala ou deglutición.

Fisioterapia

Sesións para axudar aos nosos usuarios a recuperar a mobilidade, aliviar a dor e previr lesións.

O noso principal obxectivo é o benestar dos nosos maiores

O noso principal obxectivo é o benestar dos nosos maiores

En Adiante traballamos diariamente ofrecendo a mellor das atencións ás nosas persoas usuarias. Queremos brindarlles un trato personalizado e completamente adaptado a cada un dos maiores que nos acompañan no noso centro de día en Mos.

As actividades que realizamos están deseñadas por profesionais cunha ampla experiencia nesta área e pretenden estimular as funcións cognitivas para manter activa á persoa. Por outra parte, tamén traballamos con exercicios que axudan a mellorar a mobilidade para atrasar a acción do paso dos anos no físico dos usuarios.

Os nosos servizos son completamente personalizados, podendo seleccionar os que máis conveñan ós maiores. Se queres saber máis sobre as instalacións, o equipo e as actividades do noso centro de día, chámanos!

As nosas redes sociais

Facebook Instagram

Contacta con Adiante

Contacta con Adiante

Se estás a buscar un centro de día en Mos, non dubides en contactar connosco e consultar toda a información relativa ós servizos de atención a persoas maiores que ofrecemos.

Contactar